Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de febreiro de 2025

Inés Rey destaca o papel da Coruña como referente tecnolóxico durante a inauguración dun novo estudio na Cidade das TIC

O Concello ten un orzamento próximo aos 850.000 euros para contribuír este ano a mellorar a urbanización da antiga Fábrica de Armas

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na posta en marcha do proxecto Coruña Estudio Inmersivo, un plató de 750 metros cadrados de produción virtual con tecnoloxía de última xeración e 1.2000 metros cadrados de instalacións adicionais. A rexedora acompañou ao ministro para la Transformación Digital y de la Función Pública, Óscar López, na visita a este espazo situado na Cidade das TIC.

"A Coruña é a capital do audiovisual galego, o que resulta totalmente lóxico tendo en conta que somos unha cidade de vangarda e temos que ser, polo tanto, unha cidade creativa", sinalou Inés Rey durante a súa intervención. O plató pode ser aproveitado tanto polo sector audiovisual como polo dos videoxogos, xa que permite gravar escenas ante unhas pantallas led de alta resolución nas que se xeran fondos de máxima calidade e nitidez.

Inés Rey destacou que A Coruña é o motor TIC de Galicia, permitindo que este sexa o sector que máis postos de traballo está xerando na comunidade. A alcaldesa quixo poñer en valor o traballo conxunto levado a cabo por todas as administracións no desenvolvemento da Cidade das TIC, espazo para o que hai asignados nos orzamentos municipais do 2025 máis de 850.000 euros en investimentos. "Desde o Concello, xunto con outras institucións e empresas, traballamos para avanzar como referencia fundamental no ámbito tecnolóxico co obxectivo de atraer e reter talento", apuntou.

"A Coruña é unha urbe que motiva, que ofrece un modelo urbano e unha actividade diaria que se complementa á perfección coa nosa aposta por reter e atraer talento, como o do ámbito TIC", dixo Rey. "Este estudio inmersivo de primerísimo nivel é un exemplo máis, que nos chama a seguir este camiño, no que A Coruña sempre aspirará a exercer como o que é, unha cidade de vangarda", engadiu a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión