Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de junio de 2025

Será asinada a Carta da Coalición para a Resiliencia Costeira polas persoas representantes das cidades e rexións costeiras

Inés Rey exporá o proxecto Coruña Marítima nun cume internacional sobre resiliencia costeira

A alcaldesa participará este sábado no “Ocean Rise & Coastal Resilience Summit”, un encontro internacional promovido no marco da Conferencia das Nacións Unidas sobre os Océanos (UNOC3) en Niza

A alcaldesa, Inés Rey, participará este sábado 7 de xuño no "Ocean Rise & Coastal Resilience Summit", que se celebra en Niza no marco da Conferencia das Nacións Unidas sobre os Océanos (UNOC3). No panel titulado "Ports, Cities and Regions: United for Coastal Resilience", Rey presentará o proxecto Coruña Marítima como exemplo de integración da resiliencia climática na planificación urbana e portuaria.

A rexedora compartirá intervención co representante de Durban (Sudáfrica), Thabani Nyawose, nunha conversa moderada pola Asociación Internacional de Cidades Portuarias (AIVP), xunto a líderes doutras cidades como San Diego (EE.UU.), Cotonou (Benín), Mamoudzou (Mayotte) ou Le Havre (Francia), así como o senador estadounidense Sheldon Whitehouse.

Durante a súa intervención, Rey analizará o proxecto Coruña Marítima como modelo de colaboración institucional para transformar o bordo litoral da cidade, mellorar a súa relación co porto e prepararse ante os impactos do cambio climático. "É unha oportunidade para mostrar que A Coruña aposta por un futuro costeiro sostible e tamén para aprender doutras cidades que, coma nós, están a afrontar desafíos similares", sinalou a alcaldesa.

O cume reunirá en Niza a máis de 40 líderes políticos/as e institucionais de todo o mundo, con nove paneis temáticos centrados na adaptación ao cambio climático, a gobernanza multinivel, o financiamento verde e as solucións baseadas na natureza. Asistirán ao encontro o alcalde de Niza, Christian Estrosi; xunto coa ministra francesa de Transición Ecolóxica, Agnès Pannier-Runacher, e o ministro de Medio Ambiente e Enerxía de Costa Rica, Franz Tattenbach Capra. Ao remate, será asinada a Carta da Coalición para a Resiliencia Costeira polos vicepresidentes e representantes das cidades e rexións participantes.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión