Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2020

Inés Rey: “Non imos deixar a ninguén atrás, e menos nunha situación de vulnerabilidade”

A alcaldesa, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, visitaron esta mañá o segundo espazo habilitado como albergue nas pistas polideportivas de Riazor, que contará co mesmo esquema organizativo do que está no Pavillón de Deportes

A alcaldesa, Inés Rey, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, visitaron esta mañá o novo dispositivo das pistas polideportivas de Riazor, que sumará desde o domingo 50 prazas máis ao albergue habilitado no Pavillón de Deportes, cunha capacidade entre os dous puntos para 119 persoas sen fogar. A rexedora destacou que as persoas máis vulnerables son prioridade do Goberno local e que, neste caso, a infraestrutura que lle dá acubillo á veciñanza sen teito supón un gasto semanal de 38.000 euros: "Non imos deixar a ninguén atrás, e menos nunha situación de vulnerabilidade. Por iso, ampliamos o servizo de asistencia ás persoas sen fogar e así seguiremos traballando". O concello habilitou un pasillo na beirarrúa da avenida de Habana que conecta ambos dispositivos e todas as novas e os novos usuarios trasladaranse a esta zona norte da Cidade Deportiva de Riazor.

Este segundo espazo seguirá o mesmo esquema organizativo, de xeito que as e os usuarios contarán cunha zona para o descanso e unha adaptada como comedor, así como con distintos apartados para o lecer e practicar actividades e unha parte exterior acoutada para elas e eles.

Canto á triaxe médica, efectuarase no primeiro espazo, polo que a persoa que entra nova no servizo do concello terá que pasar as probas como requisito para ocupar unha vacante nesta prolongación do albergue, en que se establecerán normas de funcionamento idénticas e vixilancia médica. Ademais, haberá o mesmo número de profesionais ao cargo que no pavillón. Unha vez que estea operativo, desconxestionarase o que xa está en marcha para que ambos queden equilibrados canto ao número de persoas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión