Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de marzo de 2021

Inés Rey: “O éxito do cumio de febreiro plasmouse onte co compromiso de Pedro Sánchez coa conexión a Punta Langosteira”

A alcaldesa confirmou que o Concello será unha peza clave para desbloquear o proxecto portuario, tal e como avanzou onte o titular de Transportes, e participará na reunión a tres bandas proposta polo Estado para avanzar nestes proxectos de cidade

O éxito do cumio de febreiro plasmouse onte co compromiso de Pedro Sánchez coa conexión a Punta Langosteira. Confirmaron o que xa se falara hai dúas semanas", asegurou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

A rexedora asegura que "despois de moitos anos nos que os anteriores gobernos do Estado lle deron as costas á cidade, hai un claro compromiso do Goberno Central coa cidade". Segundo a rexedora, este cambio de tendencia confirmouse na reunión de febreiro e onte, coa confirmación do Ministro de Transportes, José Luis Ábalos, da execución da conexión ferroviaria a Punta Langosteira".

Rey confirmou que o Concello será unha peza clave para desbloquear o proxecto portuario, tal e como avanzou onte o titular de Transportes, e participará na reunión a tres bandas proposta polo Estado para avanzar nestes proxectos de cidade.

A alcaldesa acolleu con satisfacción este acordo xa que reflicte "o traballo ben feito, que comezou o 23 de febreiro tras realizarse o cumio que reuniu por primeira vez en 17 anos a todas as administracións implicadas no desenvolvemento do futuro da cidade, a instancias do Concello da Coruña, no que se garantiu xa esa conexión ferroviaria a Langosteira e tamén o aprazamento das amortizacións da débeda da Autoridade Portuaria para asegurar a súa viabilidade financeira".

A alcaldesa entende que desbloquear esta infraestrutura foi un paso obrigado para a cidade. "Por fin desbloquéase unha situación que leva enquistada 17 anos e confírmase a aposta do Goberno do Estado polas infraestruturas que non só se limitan á Coruña, senón que son fundamentais para Galicia".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión