Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xaneiro de 2022

Inés Rey: “O mandato do diálogo dá os seus froitos en beneficio da Coruña”

A alcaldesa confirma que mañá luns comezará o derribo das casas de San José

A alcaldesa, Inés Rey destacou esta mañana nunha entrevista radiofónica que se ten consolidado o mandato da amabilidade, cooperando e dialogando con outras administracións en beneficio dos intereses da cidade, nas súas palabras "este mandato da amabilidade que comprometín ao inicio do meu goberno está a dar os seus froitos" e puxo como exemplo o novo Chuac, a intermodal, a cidade das TIC, o dragado da ría do Burgo ou o tren a Langosteira, "numerosos asuntos que fomos capaces de desatascar froito do diálogo e da lealdade institucional, dunha forma de entender a política que pon por riba de todo o interese e o benestar dos cidadáns".

Respecto aos presupostos agradeceu as aportacións da Marea Atlántica e confirmou que "pronto, en semanas, haberá uns presupostos progresistas, adaptados ás necesidades das persoas e que permitirán avanzar á cidade para que o 2022 sexa o ano da recuperación económica e social".

Inés Rey criticou que o PP teña moito interese en "esaxerar as lexítimas diferenzas que poida haber entre os grupos progresistas, co obxectivo de que se olvide o ambiente tenso e improductivo de pasados mandatos" e lembrou que cando gobernaba o PP non se debatían mocións da oposición e que agora existe outro clima de traballo, "outra forma de facer política máis construtiva, aberta e dialogante". A alcaldesa achacou algunhas das críticas do PP "a situación de interinidade que vive o Partido Popular na Coruña, á súa falta de liderado e de proxecto de cidade".

Derribo das casas de San José

Inés Rey confirmou que mañá luns 10 de xaneiro procederase ao inicio do derribo das casas de San José, unha vez que o Concello conta con autorización xudicial para proceder á actuación. A alcaldesa destacou que esta intervención, que levaba 25 anos pendente, "permitirá acabar cun punto negro de droga e mellorar a mobilidade na Avenida Finisterre". Sinalou que a actuación que comezará mañá prolongarase unhas 14 semanas.

Inversión en barrios

Rey asegurou que en 2020 investíronse 12 millóns de euros en obras de melloras nos barrios e no 2021, en plena pandemia 15, preto de 30 millóns de euros executados nos dous últimos anos nos dez distritos da cidade, creando ou mellorando 30.000 metros cadrados de espazos peonís en 2021.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión