Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2024

Inés Rey pide máis investimento en investigación no Día Internacional do Cancro Infantil

A alcaldesa participou na lectura dun manifesto, incidindo tamén na importancia de ofrecerlles atención psicolóxica aos pacientes oncolóxicos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta mañá no acto de lectura do manifesto polo Día Internacional do Cancro Infantil que organizou a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) e a Federación Española de Pais de Nenos con Cancro. Unha nena, Jade, foi a encargada da lectura, que tivo lugar no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera nun acto no que a alcaldesa estivo acompañada por Fran Allo e Susana Abelenda, de ASANOG, e polo xerente da Área Sanitaria da Coruña, Luis Verde.. 

Rey reivindicou na súa intervención a importancia de levar a cabo máis investimentos en investigación científica para elevar a porcentaxe de supervivencia no cancro infantil, que se sitúa no 82%. "Fan talta tamén máis recursos humanos e materiais nos centros sanitarios, sobre todo en atención primaria, e un maior apoio para que tanto pacientes como familiares poidan seguir con normalidade a súa vida e estudos", sinalou a rexedora, quen agradaceu ao personal sanitario e ao tecido asociativo a súa implicación.

No acto repartíronse entre as persoas presentes lazos dourados, símbolo da loita contra o cancro infantil. Inés Rey tamén quixo facer fincapé na importancia de que a autoridade competente ofreza atención psicolóxica aos pacientes oncolóxicos. "É urxente que se preste atención a este aspecto e se dote á sanidade galega de persoal suficiente para atender de forma áxil a saúde mental destes pacientes e as súas familias", sinalou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión