1 de junio de 2025
A alcaldesa asistiu á cita no Coliseum, onde se reuniron máis de 18.000 persoas durante a xornada
A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta mañá á celebración da edición número 37 do Trofeo Miguelito, a competición de referencia a nivel nacional de judo en categorías base. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
"Esta competición é todo un referente para a nosa cidade, pois inculca nos nenos e nenas valores moi importantes e fomenta a práctica deportiva entre os máis pequenos", indicou a alcaldesa. Durante a xornada participaron nas catro modalidades diferentes de competición 3.000 judokas de 76 centros formativos de judo. Ademais, polo Coliseum pasaron máis de 15.000 persoas asistentes.
Este torneo é toda unha referencia internacional do judo, con varios torneos europeos que aplican a mesma metodoloxía. Ademais, o Miguelito ten unha competición adaptada técnica por parellas na que participan judokas con diversidade desde os seus comezos. O torneo lembra co seu nome a Miguel Ángel López Pérez, judoka coruñés que perdeu a vida con 19 anos. O seu obxectivo, ademais de renderlle homenaxe, é fomentar a práctica do judo na cidade. O Trofeo está organizado pola Federación Galega de Judo e o Concello da Coruña desde 1989.

28 de noviembre de 2025

23 de septiembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible