Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xuño de 2022

Inés Rey presenta ‘Avanoa, el musical’, un espectáculo inédito e “con ADN coruñés”

O Concello colabora coa estrea desta obra, da coruñesa Valana Producciones, que terá lugar o 6 de outubro no Teatro Colón

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá a obra 'Avanoa, el musical', unha produción local que se estreará o próximo xoves 6 de outubro cunha dobre función no Teatro Colón e que conta coa colaboración do Concello. Trátase dunha obra de teatro musical orixinal e inédita integramente cantada, representada e interpretada vocal e musicalmente en directo.

'Avanoa, el musical' está composto de 14 cancións escritas por Juan José López Romero, Gabriel Nieto Peñamaría e Arturo Bermúdez Cachaza. A adaptación teatral é obra de Sara Pérez Fandiño. O musical está producido por Valana Producciones, unha compañía coruñesa.

A obra conta a historia de Canavar e Masina, fundadores dunha empresa dixital, e o seu conflito con Ratsy, directivo da compañía e partidario dun uso máis agresivo da tecnoloxía. A aparición da personaxe de Kai provocará "situacións extraordinarias que cambiarán para sempre as súas vidas", apuntaron os autores durante a rolda de prensa.

Inés Rey sinalou durante a súa intervención que se trata dunha obra "con ADN coruñés". "Que unha compañía coruñesa queira apostar pola na nosa cidade para a creación e estrea dun musical destas características é un motivo de orgullo para os coruñeses e as coruñesas", sinalou a alcaldesa. 'Avanoa, el musical' é unha obra composta, escrita e producida na cidade, que conta con intérpretes, músicos, dirección artística, produción e persoal técnico coruñés. "Este musical é toda unha aposta polo valor cultural intrínseco da nosa cidade e unha grande oportunidade de exportar e levar a outros lugares do país este talento", engadiu Inés Rey.

A súa estrea será o xoves 6 de outubro. As entradas xa están dispoñibles a través da plataforma en liña de Ataquilla ou na páxina web da obra e nos despachos de billetes do Teatro Colón e da praza de Ourense.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión