Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de marzo de 2023

Inés Rey preside a entrega de premios do XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

A alcaldesa agradeceu á familia e ao IES Eusebio da Guarda a súa implicación para preservar o legado desta antiga alumna

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a entrega de premios do XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado, organizado polo IES Eusebio da Guarda. Este certame premiou a once alumnos e alumnas de diferentes centros da cidade e da provincia polos seus textos nas categorías de relato curto e poesía.

Esta iniciativa busca render homenaxe a Rita Suárez Amado, antiga alumna do centro que faleceu de cancro. Grazas á implicación dos seus pais e a súa irmá, presentes no acto, e do propio instituto, este concurso é hoxe unha referencia na comunidade educativa. "É para min unha honra como alcaldesa poder formar parte deste gran acontecemento e ver como o legado de Rita segue vivo nesta institución tan querida por todos os coruñeses", sinalou Inés Rey.

As gañadoras e gañadores foron Claudia García Martín (IES Rafael Dieste), Mar Fraga Estrada (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda), Oihana Piñeiro Piñeiro (IES Rafael Dieste), Marina Urrutia García (CPR La Salle Santiago), Giulia Mayor (IES Rafael Dieste), Leda Tinaquero Vizoso (IES Rafael Dieste), Xosé González Prego (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda), Iker Manteiga Cendón (IES Rafael Dieste), Valeria Ortiz Arias (IES Rafael Dieste), Jorge Estévez de Carrillo (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda), Victoria Ana Rodríguez Bellón (IES Breamo) e Jorge Unzaga Martínez (IES Plurilingüe Elviña).

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión