Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de maio de 2023

Inés Rey reclama máis investimento en atención primaria na lectura do manifesto polo Día Mundial do Lupus

A alcaldesa da Coruña presidiu este mércores a lectura dun manifesto polo Día Mundial do Lupu

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu este mércores a lectura dun manifesto polo Día Mundial do Lupus na praza de María Pita. A rexedora estivo acompañada por Nuria Carballeda, presidenta da Asociación Galega de Lupus (AGAL) e pola concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira.

Tras a lectura do manifesto, Rey interveu ante as persoas presentes e pediu un aumento do investimento en atención primaria para facer fronte a esta enfermidade. "Fan falta máis recursos para investigación, para atopar novos tratamentos ata achar unha cura ou a fórmula para que as persoas que a sufran poidan desenvolver a súa vida nas mellores condicións", sinalou.

O Lupus é unha enfermidade que afecta nun 90 % á poboación feminina. "É unha enfermidade silenciosa, que en moitas ocasións é complexa de detectar polos e polas profesionais sanitarias", engadiu Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión