Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xullo de 2026

Inés Rey reivindica o papel dinamizador dos Centros Municipais de Empresa no 10º aniversario de Accede Papagaio

O centro celebrou un decenio de actividade cunha xornada que incluíu charlas, actividades de networking e un peche con música en directo

A alcaldesa Inés Rey, acudiu hoxe á celebración do 10º aniversario do Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, que xunto ao centro de Agrela integra a rede municipal de apoio directo ao emprendemento e os proxectos empresariais na cidade, dando ferramentas e asistencia a decenas de pequenos negocios e a persoas que están desenvolvendo desde cero o seu proxecto. 

"Os Centros Municipais de Empresa (CME) son un piar fundamental da estratexia do Concello para reforzar e acompañar ao tecido produtivo local. Desde O Papagaio e Agrela, ofrecemoslle á cidadanía un lugar accesible no que establecerse na fase de inicio e consolidación dos seus proxectos. Este labor é fundamental, porque elimina barreiras de entrada ao mercado e supón un impulso ao emprendimento", subliñou a alcaldesa, Inés Rey. 

As actividades da xornada incluíron unha benvida institucional, varias charlas sobre distintas temáticas vinculadas ao emprendemento e un acto de peche e música en directo. O Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, activo desde 2016, deu cabida a preto de 70 iniciativas empresariais, converténdose nun espazo dinámico, flexible e adaptado a novas formas de traballo, onde o networking, a formación e a cooperación forman parte do día a día. Pola súa banda, O CME de Agrela, en funcionamento desde 2010, é outro exemplo desta vocación de apoio. Ao longo da súa traxectoria acolleu a 48 empresas, das que o 70% seguen hoxe en activo. Acutalmente, 12 empresas operan desde o Accede Papagaio, e outras 6 desde o centro de A Grela. 

"O Goberno municipal puxo todo da súa parte para que os proxectos fundamentais dos Centros Municipais de Empresa teñan ao seu dispor tanto os recursos necesarios para levar a cabo a súa actividade como un marco  xurídico que lles permita facelo con todas as garantías. Por iso, en 2025, modificamos a ordenanza que regula os CME, facilitando o acceso, axilizando os procesos e, sobre todo, ampliando as oportunidades para as empresas aloxadas", engadiu Inés Rey. Ademais, a modificación da normativo permitiu tamén ampliar o tempo máximo de estadía das empresas a 9 anos.

As empresas beneficiarias dos Centros Municipais de Empresa poden desfrutar da cesión de espazos de traballo para proxectos emerxentes e usuarios puntuais, desde a fase de desenvolvemente da idea ata a consolidación no mercado, por un período de ata 9 anos, unha extensa programación de actividades e cursos de formación gratuítos no uso de ferramentas e formas de traballo que melloran campetitividade nos mercados modernos (IA, Intelixencia de negocio, análise de datos...), instalacións amplas e equipadas, espazo de Coworking, acceso gratuíto a internet, sala de reunións, sala de descanso, material audiovisual e de repreografía e taquillas, entro outras prestacións.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión