27 de junio de 2025
As celebracións continuarán ata este domingo 29 en diversas localizacións do barrio
A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de dar o pregón no inicio das festas populares dos Mallos, que se celebran ata este domingo 29 en diferentes localizacións do barrio coruñés. A rexedora incidiu na importancia de manter vivas estas celebracións, que "fortalecen a pertenza e a identidade de barrio".
"Desde o Concello estamos a fomentar as festas nos distintos distritos, ofrecendo ás asociacións unha maior autonomía para confeccionar os seus programas", indicou Rey, que desexou aos veciños e veciñas unhas felices festas. Nos Mallos as celebracións comezaron na rúa Ángel Senra co pregón e cunha sesión musical de DJ Pukas, estará presentado por Dani Rodríguez. Tamén houbo unha homenaxe aos fundadores do Club Feminino Karbo e a xornada rematará coa actuación da Orquestra Saudade.
O sábado a xornada comezará con pasarrúas a cargo da agrupación Aturuxo na rúa Antonio Viñes, onde tamén haberá unha sesión desde as 13.00 horas a cargo de Mar Davila. Na rúa Diego Delicado haberá concerto desde as 13.00 horas de The Homeless e DJ Pukas. Tamén haberá churrascada a cargo da peña Tralla Brava. Pola tarde, ás 17.00, en Ángel Senra haberá festa da escuma e actuación de DJ Javito e taller de maxia de Charly Brown. Desde as 21.00, verbena coa orquestra Brigantium.
O domingo haberá pasarrúas a cargo dos Kilomberos de Monte Alto e, na rúa Diego Delicado, actuación de Mar Davila desde as 13.00 horas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible