Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xuño de 2022

Inés Rey, sobre a Cuarta Rolda: “Xa estamos traballando co Ministerio para garantir avances, canto antes, dunha infraestrutura vital para a cidade”

A alcaldesa asistiu este venres a un encontro coa nova presidenta da Asociación de Empresarios do Polígono de Pocomaco, Lucía López Teijeira

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas, visitou hoxe o polígono empresarial de Pocomaco para manter un encontro coa nova presidenta da Asociación de Empresarios do Polígono de Pocomaco, Lucía López Teijeira.

Inés Rey e José Manuel Lage Tuñas felicitaron a Lucía López Teijeira pola súa nova etapa á fronte da asociación, "sendo a primeira muller que preside a Asociación de Empresarios do Polígono de Pocomaco na súa historia", tal e como recordou a rexedora. 

Neste sentido, Inés Rey recalcou o compromiso do Goberno municipal para impulsar a actividade industrial e empresarial no polígono, e subliñou que o Concello "xa está traballando co ministerio para realizar xestións e garantir avances, canto antes, no referente á Cuarta Rolda, unha infraestrutura vital para A Coruña e o desenvolvemento dos polígonos industriais da cidade".

Ademais, Inés Rey abordou coa nova xunta directiva o proceso de cesión do polígono de Pocomaco ao Concello, un paso necesario para que o Goberno municipal acometa melloras en áreas como, por exemplo, o transporte público. "O Concello traballa actualmente nun convenio de cesión co polígono para abordar esta demanda pendente", afirmou a alcaldesa. 

Por outra banda, tamén se tratou a posibilidade de habilitar unha nova zona de estacionamento no parque empresarial.

As melloras nos accesos ao polígono de Pocomaco

A mediados de marzo, e atendendo ás demandas veciñais, o Concello rematou os traballos para dotar ao polígono de Pocomaco dun acceso peonil e ciclista desde o barrio do Birloque, mellorando as conexións entre ámbalas zonas e apostando, ademais, por reforzar a mobilidade sostible e a seguridade vial coa apertura dun paso inferior baixo as vías do ferrocarril na intersección San Cristovo - Uxes, un acceso que permite o paso de peóns e ciclistas e cumpre con todos o estándares de accesibilidade. Esta intervención, que forma parte da Estratexia Integada de Desenvolvemento Urbano Sostible (EIDUS) na cidade, implicou un investimento de máis de 400.000 euros e foi cofinanciada, a un 50 %, con fondos europeos FEDER.

Ademais, e xa no pasado mes de maio, o Concello confirmou a licitación inminente das obras para a creación dunha nova rotonda na zona das Rañas, unha infraestrutura que estará localizada no vial baixo a AC-14 e conectará o polígono de Pocomaco, o núcleo poboacional das Rañas e a zona comercial de Agrela, o que permitirá canalizar a alta densidade diaria do tráfico existente e mellorar a visibilidade neste enclave, crucial pola súa ubicación e importancia para o tecido empresarial e laboral da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión