Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2021

Inés Rey valora o inicio da obra do poliduto como “un avance na reordenación da fachada marítima interior”

Lembra que a obra é posible grazas á axilización dos trámites municipais que concederon en 2020 a licenza de obra, cuxa aprobación levaba agardando varios anos. “Un proxecto clave para a seguridade, o medio ambiente e o futuro urbano da Coruña, despois de que o Goberno local desbloquease a licenza”.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, entende como un paso decisivo o anuncio de Repsol de comezar a instalación do poliduto que conectará Punta Langosteira coa Refinería de Meicende. Segundo a rexedora, o próximo mes de marzo, tal e como adiantou a entidade enerxética esta mañá, comezarán os traballos de construción do  poliduto, un feito que supón un "avance importante na reordenación da fachada marítima interior".

Lembra que a obra é posible grazas á axilización dos trámites municipais que concederon en 2020 a licenza de obra, cuxa aprobación levaba agardando varios anos. Un proxecto "clave para a seguridade, o medio ambiente e o futuro urbano da Coruña", despois de que o Goberno local desbloquease a licenza.

O Goberno local, apunta, entendeu como prioritario axilizar unha actuación para iniciar os traballos que supón "fundamentais para o futuro da cidade", debido a que por unha banda evitará riscos de seguridade e ambientais, ao eliminar o poliduto que atravesa sete barrios e evitar a entrada de petroleiros e, por outro, é unha das claves do futuro da configuración urbanística da Coruña, ao permitir a liberación do peirao de San Diego e a súa apertura á cidadanía. "O progresivo traslado da operatividade portuaria a Punta Langosteira significa un paso relevante para lograr a medio prazo a progresiva apertura dos terreos do porto interior á cidade", apuntou.

Esta primeira fase do poliduto forma parte dun proxecto moito maior, o do traslado das instalacións petroleiras de San Diego ao porto exterior de Langosteira, o que "evitará o perigoso tránsito de petroleiros ata o interior da dársena coruñesa, que durante decenios supuxo un risco permanente para o litoral galego", indicou Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión