21 de agosto de 2018
A Concellería de Emprego e Economía Social continúa, a partir do 3 de Setembro, co itinerario formativo para persoas emprendedoras con necesidade e inquietude de levar a cabo o seu proxecto empresarial ou para empresas con desexo de mellorar e ampliar coñecementos, formación e xestión.
Son talleres de curta duración, desde 4 horas ata 20 horas, impartidos por docentes especialistas en cada materia, que pretenden consolidar os proxectos empresariais, desenvolvendo temas e introducindo as persoas emprendedoras en materias de interese básico e ineludible no labor do emprendemento.
A continuación desagréganse os talleres, horario e calendario, cuxa inscrición xa se pode facer efectiva a través da web municipal, así como consultar a programación e todos os datos referentes a cada taller.
• Taller de Elaboración de estudos de mercado: do 3 ao 4 de setembro, en horario de mañá no CME ACCEDE Papagaio
• Taller financiamento: o 10 e 11 de setembro, en horario de mañá no CME ACCEDE Papagaio
• Taller fiscalidade: o 12 de setembro, en horario de mañá no CME ACCEDE Papagaio
• Taller de marketing e técnicas de venda: do 17 ao 20 de setembro, en horario de mañá no CME ACCEDE Papagaio
• Taller de presentación de proxectos: do 24 ao 25 de setembro, en horario de mañá no CME ACCEDE Papagaio
• Taller de Plan de empresa on- line: de 8 ao 27 de outubro. Taller en liña
Máis información aquí.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible