1 de xullo de 2023
A terceira edición do festival LGTBI+ máis importante do noroeste ofrecerá actuacións de 35 artistas nacionais e internacionais do 2 ao 9 de xullo
Mañá, domingo 2 de xullo, comeza a III edición do Festival Atlantic Pride, o evento musical de celebración da diversidade máis importante do noroeste peninsular. Será na Fundación Luís Seoane a partir das 19.00 horas, coas actuacións de Señora DJ, La Prohibida & Algora e Joe Crepúsculo.
O Atlantic Pride é o prato forte da celebración do Orgullo coruñés, que se estende durante case un mes con actividades culturais e divulgativas de todo tipo, organizadas en colaboración coas principais entidades LGTBI+ da cidade. "Desde o Goberno que preside Inés Rey apostouse sempre pola diversidade, pola visibilización e polo respecto, e estamos encantados de que o Pride sexa cada vez máis grande, máis participativo e aberto para que toda a cidadanía poida gozalo", sinalou a concelleira responsable da área de Benestar Social, Yoya Neira.
Tras o arranque na Fundación Luís Seoane, o Atlantic Pride ofrecerá os días 3, 4 e 5 de xullo tres sesións de concertos na Praza de Pontevedra con artistas como: Fillas de Cassandra, MorenoMoreno DJ, Hydn, Nie Twee, Kelly Amethys, La Suprema, Hidrogenesse e Jeän Fixx.
A partir do xoves 6 de xullo, os concertos trasládanse aos xardíns de Méndez Núñez con artistas consagrados, grupos icónicos dos 90 e espectáculos drag. Entre as actuacións previstas destacan Locomía, Rozalla, Samantha Ballantines, Soraya, Nancys Rubias, DJ Licho, La La Love You, Vicco e Agoney. Pecharán a III edición do festival Melody, Fórmula Abierta, Amistades Peligrosas e DJ Flashback.
PROGRAMA COMPLETO
Fundación Luis Seoane
Domingo, 2 de xullo
19.00 h - Señora Dj
20.00 h - La Prohibida & Agora
21:00 h - Joe Crepúsculo
23.00 h - Señora Dj
Apertura de portas ás 19.00 horas - Entrada de balde ata completar capacidade
Praza de Pontevedra
Luns, 3 de xullo
20.00 h - Morenomoreno Dj
21.00 h - Futurachicapop
22.15 h - Fillas De Cassandra
23.30 h - Morenomoreno Dj
Martes, 4 de xullo
20.00 h - La Suprema
21.00 h - Nia Twee
21.45 h - Kelly Amethyst
22.00 h - Hydn
22.45 h - Kelly Amethyst
23.00 h -La Suprema
Mércores, 5 de xullo
20.00 h - Jeän Fixx
21.00 h - Mueveloreina
22.00 h - Lectura Manifesto LGTBI+
22.15 h - Charlot Bennet
22.30 h - Hidrogenesse
23.30 h - Jeän Fixx
Xardíns de Méndez Núñez
Xoves, 6 de xullo
20.30 h - Dj90
22.30 h - Locomia
23.00 h - Rozalla
23.30 h - Daisy Dee from Technotronic
00.00 h - Corona
00.30 h - Dj90
Venres, 7 de xullo
20.30 h - Dj Licho
21.30 h - Nancys Rubias
22.45 h - Samantha Ballantines
23.00 h - Soraya
00.00 h - Venedita Von Dash
00.15 h - Miranda!
01.20 h - Lucía Cabrero
01.35 h - Dj Licho
Sábado, 8 de xullo
20.00 h - Gorllitox
21.00 h - Laskaar
21.45 h - Kim Miller
22.00 h - Lectura Manifiesto LGTBI+
22.15 h - Agoney
23.30 h - Electra Paniculata
23.45 h - Vicco
00.30 h - La La Love You
01.50 h - Gorllitox
Domingo, 9 de xullo
20.30 h - Fórmula Abierta
21.00 h - Entrega De Premios II Certame Literatura LGTBI+
21.30 h - Amistades Peligrosas
23.00 h - Melody
23.30 h - Dj Flashback
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible