Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2015

José Manuel Sande destaca “o compromiso do Concello co baloncesto e o deporte de base” na presentación do Trofeo Teresa Herrera

A competición, a partido único e que enfrontará ao Básquet Coruña contra o Club Ourense Baloncesto, celebra a súa XXIX edición o domingo 27, ás 18.00 horas, no Pazo de Deportes de Riazor

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou este venres na presentación da XXIX edición do Trofeo Teresa Herrera de Baloncesto, do que o Concello da Coruña é un dos organizadores. A competición, a partido único e que enfrontará ao Club Leyma Básquet Coruña contra o Club Ourense Baloncesto, terá lugar o próximo domingo 27 de setembro, ás 18.00 horas no Pazo de Deportes de Riazor, nunha xornada de portas abertas, na que a entrada será gratuíta hasta completar aforo.

En rolda de prensa, Sande manifestou que para o Concello da Coruña “é unha honra participar da celebración deste campionato Teresa Herrera”, o terceiro do ano, tras o de Fútbol e o de Traíñas. “Queremos aproveitar este acto para recordar o compromiso que ten este Concello co baloncesto e coa ACB, o que nos levará a acoller a Copa do Rei entre o 18 e o 21 de febreiro nas instalacións do Coliseum, como recinto deportivo, e en ExpoCoruña”, dixo o edil, que tamén quixo destacar a labor do Básquet Coruña, “sobre todo no apoio do deporte de base”. “Ademais, promocions algo que para nós ten moitísima importancia, como é o deporte feminimo”, engadiu.

O presidente do Club Básquet Coruña, Juan Carlos Fernández Herrero, agradeceu ao Concello “a posta a disposición, ano tras ano, das instalacións do Pazo dos Deportes, así como o apoio ao deporte de base”. Destacou neste senso que “cada ano hai máis rapaces na cidade que se achegan até o baloncesto”.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión