Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2025

"La Gallina Gallineta", un contacontos interactivo para lles ensinar aos/ás máis pequenos/as a importancia de coidar o seu material escolar e deportivo

A actividade está dirixida ao alumnado de 1.º e 2.º de educación primaria dos centros públicos da Coruña. A inscrición poderase formalizar ata o próximo 30 de setembro.

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña organiza o contacontos interactivo "La Gallina Gallineta: organizarse é vital para o cole, os deportes e ao viaxar", un conto didáctico e divertido que lles ensina aos/ás máis pequenos/as a importancia de coidar o seu material escolar e deportivo.

A historia rimada resalta a responsabilidade de manter a mochila organizada, do mesmo xeito que o espazo persoal e, sobre todo, convida a cultivar unha actitude positiva para favorecer a boa convivencia na aula. Trátase dunha gran ferramenta para que os/as docentes lles poidan reforzar estes valores ao comezo de curso ás súas alumnas e alumnos, dunha maneira entretida.

A actividade está dirixida ao alumnado de 1.º e 2.º de educación primaria dos centros públicos da Coruña. Aqueles centros que estean interesados en participar poderanse inscribir, ata o vindeiro martes 30 de setembro, enviando un correo electrónico a pittaluga.miranda@gmail.com .

Máis información

A actividade consiste en:

  • Narración e escenificación pola autora Adelaida Pittaluga, con cancións orixinais e coreografías sinxelas
  • Taller de debuxo guiado, realizado pola ilustradora Ana Miranda

A actividade conta con:

  • Escenografía e atrezo
  • Música orixinal, micrófono e altofalante
  • Material necesario para a ilustración

Destinatarios: alumnado de 1.º e 2.º de EP de centros públicos da Coruña

Cando: de luns a venres, durante os meses de outubro e novembro de 2025

Horario: en horario escolar, que se determinará de acordo co centro educativo

Duración: 40-45 minutos

Inscrición: ata o 30 de setembro, no correo pittaluga.miranda@gmail.com

Teléfono de contacto: 625 398 101 - Adelaida Pittaluga

Organiza: Servizo Municipal de Educación

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión