Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2019

Libros e artesanía comparten desde hoxe espazo nos xardíns de Méndez Núñez

A concelleira de Turismo, Diana Cabanas, e o edil de Cultura e Edcación, Jesús Celemín, inauguraron esta mañá unha nova edición da Feira de Artesanía, Mostrart

Os concelleiros de Turismo e Cultura, Diana Cabanas e Jesús Celemín acudiron esta mañá á inauguración da 35 edición da Mostrart, a feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España.  

A feira, que abre hoxe as súas portas ata o 15 de agosto, comparte espazo nos xardíns de Méndez Núñez coa Feira de Libro. Serán 43 casetas as que albergarán a obra de 55 artesáns galegos que exhiben as súas pezas de xoiería, cerámica e madeira, así como obxectos restaurados, artigos de cociña, teares que usan materiais reciclados e encaixes de Camariñas. Artesáns que deseñan pezas únicas utilizando técnicas artesanais. 

A feira estará aberta de 11.00 a 14.00 hora, e de 17.30 a 22.00 horas. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión