31 de xullo de 2023
O pregón do ex xogador do Deportivo e seleccionador de Arxentina comezará ás 21.00 horas
Este martes, 1 de agosto, comezan as Festas de María Pita 2023 co tradicional pregón, que terá como protagonista este ano a Lionel Scaloni. O ex xogador do Deportivo e seleccionador arxentino regresará á cidade que o acolleu entre 1998 e 2005, e onde conseguiu co club branquiazul unha Liga, unha Copa do Rei e dúas Supercopas.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, quixo agradecer a Scaloni a súa predisposición para ser o pregoeiro destas festas. "Lionel é unha persoa moi querida por todos os deportivistas e coruñeses que sempre ten palabras de agradecemento para a cidade", sinalou a rexedora. A Coruña renderalle deste xeito homenaxe ao actual adestrador da selección arxentina, coa que conseguiu en decembro o Mundial. "Na nosa cidade viviuse moi intensamente aquela final polo que Scaloni significa para nós e pola gran cantidade de arxentinos que viven na Coruña. Por iso cremos que é de xustiza recoñecer mañá os seus éxitos", apunta Rey.
O seu pregón está previsto para as 21.00 horas. O Concello da Coruña planificou un dispositivo especial para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes á praza de María Pita, ante a previsión dunha grande afluencia. O pregón poderá seguirse a través de streaming e haberá pantallas xigantes en María Pita.
Tras o pregón, ás 22.00 horas, comezarán as actuacións das Noites de María Pita. O primeiro concerto será do británico de orixe libanesa, MIKA. O artista é un vello coñecido dos coruñeses e coruñesas tras o seu paso polo Festival Noroeste Estrella Galicia no ano 2012.
Programación Noites de María Pita
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible