10 de xaneiro de 2025
Convocatoria de xaneiro de 2025
Publicación das listas de admisións e de espera nos clubs e actividades socioculturais dos centros cívicos
Para consultar as listas de admisións e listas de espera das actividades socioculturais e clubs dos centros cívicos municipais hai que premer na seguinte ligazón:
Convocatoria xaneiro 2025: Listaxes de admisión e espera
O prazo de inscrición e pago de taxas para as persoas admitidas será preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades os días 15, 16 e 17 de xaneiro. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.
Alternativamente poderase realizar imprimindo a folla de autoliquidación, e pagando presencialmente na entidade bancaria ou no caixeiro da entidade con tarxeta de crédito.
Unha vez pagado na entidade bancaria NON hai que entregar na conserxería O XUSTIFICANTE xa que se copiarán todos os datos de pago (en liña e entidade bancaria) excepto os das persoas que paguen na oficina municipal da Franxa xa que só nese caso se debe achegar o xustificante de pago no centro correspondente.
15 de xaneiro de 2025
8 de xaneiro de 2025
23 de decembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible