Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de abril de 2015

Lolo Penas e María del Rosario Figueroa gañan nunha Coruña42 con 1080 finisher

A cuarta edición do Maratón Atlántica, que reuniu máis de 3000 corredores entre a proba de 42k e a súa 10k, brindoulles ao atleta arzuán a súa primeira vitoria nesta disciplina, impoñéndose tamén no Campionato Galego, e a Marisol Figueroa, que tamén se proclamou campioa galega absoluta. No #10k gañou con folgura a atleta de Gondomar Vanessa Veiga e Abdelkader Bouguerroudj na categoría masculina. Por primeira vez a proba superou o obxectivo de mil corredores finisher. Pedro Nimo, afectado dunha lesión, non puido competir ao altísimo nivel que nos ten afeitos, pero gozou, animou e implicouse con todas as persoas corredoras durante a carreira.

#Coruña42 coroou a Lolo Penas e María Del Rosario Figueroa, tanto na #Coruña42 coma no Campionato Galego Absoluto e de Veteranos. A carreira, realizada este domingo polas rúas da cidade herculina, desenvolveuse nun circuíto totalmente novo e que abrazaba as dúas beiras da cidade e que percorría o corazón da urbe pasando pola rúa Real, Rego de Auga e con meta na emblemática praza de María Pita.

A proba de maratón arrincou puntual ás 08.30 horas, cun Lolo Penas que levaba como lebre a José Antonio Núñez, cuarto no pasado Maratón Atlántica, e terceiro no Campionato de España, e xunto a Dickson Kimeli liderando de principio a fin a carreira. A partir do quilómetro 25 rodou xa só o atleta arzuán, seguido por KImeli e por Félix Pont que se uniu a ese grupo de cabeza. Lolo Penas, que debutaba na modalidade, foi o primeiro en entrar na meta cun crono de 2h19.39, seguido de Félix Pont 2h.21.52” e a terceira praza foi para Dickson Kimeli 2h.22.46.

Meritoria foi a cuarta praza de Ramón Serantes, habitual nos podios das carreiras organizadas na Coruña, que foi cuarto con 2h.27.27”. Pedro Nimo, que debido a unha lesión recoñecía que non puidera prepararse nin chegar ao maratón como querería, animou as persoas corredoras, gozou da carreira e volveu demostrar a súa implicación con #Coruña42.

Mentres, na proba feminina o dominio foi de principio a fin de María del Rosario Figueroa, que foi sempre perseguida por María Cabadas, mentres que Cristina González, unha das lebres de 3h15, foi durante practicamente toda a carreira en terceira posición, ata que chegando ao penúltimo control de carreira Begoña Benegasi deu o golpe definitivo. Figueroa proclamouse campioa da proba e galega absoluta cun crono de 3h.05.39”, Cabadas cunha marca de 3.09.49” logrou a prata e Benegasi parou o reloxo en 3h.12.56”.

Media hora despois de que arrincase a #Coruña42, era a quenda da súa #10k paralela, con máis de 2000 inscritos. Na categoría masculina o dominio foi claro da atleta de Gondomar Vanessa Veiga, que parou o crono en 35.35”, segunda foi Priscila Suárez 39.43” e a terceira praza foi para Mónica Granero, cun tempo de 40.06”. Mentres, no tocante á clasificación masculina impuxéronse habituais nos podios das probas de circuítos como o #CoruñaCorre. Primeira praza para Abdelkader Bouguerroudj (33.03”), segunda praza para Manuel Oliver (33.12”) e terceira para Carlos Outón (33.27”).

Cómpre destacar que máis 1700 corredores foron finisher de 10K, mentres que en #Coruña42 conseguiuse o obxectivo de superar os 1000 chegados á meta, cun total de 1080 dentro do control de carreira, cerrado ás 14 horas. Quince puntos de animación deron enerxía durante a carreira ás persoas corredoras, que ao finalizar a proba puideron gravar de forma personalizada a súa medalla e nove lebres guiáronas, profesionais que cravaron os seus tempos en carreira e que lles permitiron aos runners conseguir as súas marcas.

A proba que cerrará a triloxía das tres grandes de Coruña, #Coruña10 agárdavos en outubro e o Maratón Atlántica e a súa quinta edición xa vos espera o ano que vén valentes, porque…#aquícorremosasí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión