Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de abril de 2016

Lolo Penas e Paula Mayobre gañan a sexta edición da Carreira Popular da Torre de Hércules

A proba da categoría absoluta, cun trazado de 6.590 metros, celebrouse na súa totalidade en horario nocturno

A Carreira Popular Torre de Hércules celebrou este sábado a súa sexta edición. A contorna do faro romano acolleu, un ano máis, a cuarta proba da tempada do Circuíto Coruña Corre, a serie de carreiras de carácter popular organizadas polo Servizo Municipal de Deportes. Nesta ocasión, máis de 2.000 persoas inscribíronse nas distintas probas que tiveron lugar desde primeira hora da tarde aos pés do Monumento. A carreira da categoría absoluta, que se celebrou en horario nocturno, coroou a Lolo Penas (cun tempo de 21:45) e a Paula Mayobre (23:33) como o e a mellor atleta da noite.

A carreira, que leva tamén o nome de ‘Trofeo José Antonio Varela Calviño’, presentou un trazado de 6.590 metros que transcorreron polo Paseo Marítimo desde a Cidade Deportiva municipal até as Ánimas. A volta levou ás e aos atletas a cruzar a meta situada á entrada da Torre de Hércules. Xunto a Lolo Penas e Paula Mayobre, completaron o podio na categoría masculina David Pelisek (22:09) e Abdelaziz Fatihi Chhima (22:20), e na feminina Vanesa Lafuente (24:54) e Angharad Davies (25:31).

Unha vez finalizadas todas as probas, que comezaron ás 17.15 horas coa carreira das e dos Prebenxamíns, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na entrega dos premios ás e os primeiros clasificados de cada unha das distintas categorías.

A IV edición do Circuíto continuará o 26 de xuño en San Pedro de Visma, o 31 de xullo en Oza e finalizará o 4 de setembro no Ventorrillo. Toda a información sobre as probas, así como o regulamento da competición, pode consultarse na páxina web municipal www.coruna.es/carreiraspopulares

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión