Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2024

Los Planetas celebran o 30 aniversario de ‘Super 8’ nas Noites de María Pita

A formación de Granada actuará na praza a partir das 22.00 horas

Tras as actuacións de Kate Ryan, Mocedades e Los Panchos, as Noites de María Pita acollerán este sábado 3 de agosto un concerto moi especial de Los Planetas. A formación granadina está a levar a cabo unha xira conmemorativa do 30 aniversario do seu disco 'Super 8'. A actuación forma parte do amplo programa festivo deseñado polo Goberno de Inés Rey para os meses de verán.

A partir das 22.00 horas soarán na praza cancións como 'De viaje', 'Si está bien, 'Brigitte' ou 'Qué puedo hacer', éxitos que marcaron a varias xeracións e que serviron de influencia para numerosas bandas de pop rock alternativo. A banda liderada por Jota e Florent tamén interpretará outros clásicos do seu repertorio, composto por 10 discos de estudio.

A banda está a actuar nos principais recintos e festivais do país durante este ano e será un dos pratos fortes dunhas Noites de María Pita pensadas para todo tipo de públicos e estilos. Los Planetas naceron como banda en 1993 e lanzaron o seu primeiro disco 'Super 8' en 1994, converténdose desde aquel momento nos grandes referentes do pop rock alternativo nacional.

Noites de María Pita

  • 4 de agosto: Rock en Familia - 20.00 horas
  • 5 de agosto: Omar Montes - 22.00 horas
  • 6 de agosto: Locos por la Música - 20.30 horas
  • 12 de agosto: La Plazuela - 22.00 horas
  • 13 de agosto: Ariel Rot - 22.00 horas
  • 14 de agosto: Budiño - 22.00 horas

Servizo especial de transporte

Como é habitual, o Concello activará desde este xoves 1 de agosto un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita. Un servizo que entrará que implicará un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo e favorecer o desprazamento dos cidadáns aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita desde mañá.

Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado os días de concertos de Noites en María Pita, entre o 1 e o 14 de agosto, sempre a partir das 23.30 horas agás o martes 6, cando se disporá dito reforzo a partir das 1.30 horas, á conclusión do evento 'Locos Coruña'. As liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:

  • Liña 1, con cobertura ás zonas da Palloza, A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón e a avenida de Monelos.
  • Liña 1-A, con cobertura ás zonas de Catro Camiños, a avenida Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.
  • Liña 3-A, con cobertura ás zonas de Labañou e Os Rosales.
  • Liña 6, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, avenida de Fisterra, O Ventorrillo e Meicende.
  • Liña 7, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, O Peruleiro, rolda de Outeiro, O Ventorrillo e Vila de Negreira.
  • Liña 11, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela e Os Mallos.
  • Liña 21, con cobertura ás zonas de Ramón y Cajal, Pablo Picasso, O Birloque e Novo Mesoiro.

Ademais, todos os días, e xa a partir das 1.30 horas, estará en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - O Birloque - Novo Mesoiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión