26 de decembro de 2022
A banda catalana estará na cidade o vindeiro 13 de maio, no único concerto do grupo en Galicia
As entradas sairán á venda este martes 27 de decembro, ás 12.00 horas, a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense
O Coliseum da Coruña acollerá no 2023 o concerto da banda catalana Love of Lesbian, dentro da súa programación musical para o vindeiro ano. O cuarteto formado por Santi Balmes, Julián Saldarriaga, Jordi Roig e Oriol Bonet, acompañados no directo por Ricky Falkner, Dani Ferrer e Marc Clos, preparan xa 2023, onde pechan a etapa V.E.H.N. cuns poucos e exclusivos concertos en España.
O único concerto desta xira en Galicia terá lugar o sábado 13 de maio de 2023 no Coliseum da Coruña. V.E.H.N., o décimo álbum de estudo dos cataláns, foi recoñecido como Disco de Ouro e nomeado a tres Latin Grammy. As entradas para este espectáculo, promovido por Art Music, estarán á venda a partir deste martes 27 de decembro, ás 12.00 horas, a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e 16.30 h a 19.30 h).
O disco, gravado en "La Casa Murada" e producido por Ricky Falkner e Santos & Fluren, foi acollido de maneira excelente por público e crítica e levou a banda a dar mais de cen concertos ao longo destes case dous anos, percorrendo as principais cidades e festivais españois, onde o grupo reuniu a milleiros de ringleiras de fans ata onde non alcanza a vista, #VEHN_Int_Tour visitou capitais europeas como Londres, París, Berlín, Múnich e Bruselas, para xúbilo da comunidade española e novos seguidores atraídous polo ruído deste circuíto nas redes sociais. Como non podía ser doutro xeito, a xira contempla tamén os países de Latinoamérica con maior crecemento na súa base de fans (México, Chile, Perú, Colombia e Arxentina) e unha primeira visita a EE.UU. na primavera que se repite no verán de 2022 cun concerto gratuíto en Central Park de Nueva York.

20 de decembro de 2025
19 de decembro de 2025

19 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible