27 de marzo de 2025
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou o papel vangardista do autor e a súa achega na arte e a cultura galega
Luis Seoane foi homenaxeado este xoves polo Día da Poesía, nun acto celebrado na fundación que leva o seu nome e que estivo organizado pola Real Academia Galega, en colaboración co Concello da Coruña. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou neste acto, no que tamén interviñeron Víctor F. Freixanes, presidente da RAG, e María López-Sández, coordinadora da edición 'Luis Seoane. Unha ollada interartística desde o exilio e o compromiso'.
"A Coruña é unha cidade agradecida cos seus artistas e creadores e desde o Goberno de Inés Rey traballamos día a día por preservar e reivindicar o legado de Luis Seoane a través de numerosas accións que teñen como punto central esta fundación", indicou Gonzalo Castro. O acto contou coas intervencións de Xesús Fraga, Helena González, Carlos Negro, Alba Cid, Anxo Angueira, Oriana Méndez, Baldo Ramos e María do Cebreiro. A parte musical correu a cargo de Tino Baz. O acto, de acceso libre, xirou en torno ao universo creativo de Luis Seoane, cunha mirada interdisciplinar.

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible