12 de setembro de 2023
O plan de traballos abrangue a disposición dunha nova zona de xogos infantís lindeira ao acceso peonil ao CEIP Salgado Torres, aproveitando os espazos públicos anexos ao propio centro educativo
Este luns, o Concello licitou os traballos para reurbanizar a praza Pintor Laxeiro, no barrio de Elviña. As obras, consistentes nunha mellora xeral do pavimento e da accesibilidade na propia praza, abranguen a renovación do firme, a ampliación das beirarrúas, a delimitación das áreas de estacionamento e a substitución das redes de saneamento e as de iluminación pública, co obxectivo de facelas máis eficientes.
Ademais, e como complemento a estes traballos, está prevista a ampliación das áreas verdes existentes na contorna, así como a disposición dunha nova zona de xogos infantís lindeira ao acceso peonil ao CEIP Salgado Torres, aproveitando os espazos públicos anexos ao propio centro educativo.
As obras terán un prazo de execución de seis meses, e implicarán un investimento de 406.284,35 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible