Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2025

Luz verde á nova convocatoria de axudas á rehabilitación que promove o Concello, con cinco millóns de euros de orzamento

Ademais, a Xunta de Goberno deu conformidade a que o IGVS tramite o proxecto para o desenvolvemento de vivenda protexida no Monte Mero

A alcaldesa, Inés Rey, notificou hoxe que a Xunta de Goberno Local aprobou a nova convocatoria de axudas que permitirá acometer actuacións de rehabilitación nos catro Contornos de Rehabitación Programada (ERRP) que hai na cidade: a Cidade Vella-Pescaría, o grupo de vivendas de María Pita (Labañou), as Casas de Franco (O Ventorrillo) e o Barrio das Flores.

"A convocatoria inclúe un orzamento de máis de 5 millóns de euros que nos permitirá avanzarmos nunha das liñas de acción que complementan o noso Plan municipal de vivenda 2024-2030, porque entendemos que é fundamental darlle todas as facilidades necesarias á cidadanía para responder a cuestións como a mellora da eficiencia enerxética en distritos ou espazos residenciais onde os bloques de vivendas son máis antigos", precisou a rexedora.

Cando se publique o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), abrirase un prazo dun mes para presentar as solicitudes. Como xa é habitual, o Concello informará da apertura do prazo a través das súas canles oficiais.

Avances para a construción de vivenda protexida no Monte Mero

Ademais, tamén este mércores, a Xunta de Goberno Local deu conformidade a que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) tramite o proxecto de interese autonómico que permitirá a creación de 4.300 vivendas protexidas no Monte Mero. Desta forma, o Concello facilítalle á Xunta que constrúa máis vivenda pública na cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión