6 de febreiro de 2026
Cada asociación organizadora poderá optar a unha subvención de ata 20.000 euros
O Concello, a través do IMCE, aprobou esta mañá no consello reitor de dito organismo as bases que regulan a convocatoria pública de axudas para as asociacións que organizan as festas nos barrios. Trátase do segundo ano consecutivo no que o Concello aposta por un sistema de concorrencia competitiva para a asignación das subvencións. O sistema, recordou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, púxose en práctica por primeira vez o ano pasado, e obtivo tanto o recoñecemento das entidades como do público.
En total, o Concello destina 500.000 euros a sufragar as festas tradicionais ou de arraigo que se celebran en toda a cidade. Cada asociación poderá dispor de ata 20.000 euros, fondos que poderán empregarse para aboar todos aqueles gastos vinculados á organización das festas. Entre os requisitos figuran que as celebracións sexan de carácter aberto e gratuíto. Son gastos subvencionables os cachés, alugueiro de equipos de son, transporte de materiais, iluminación, instalación eléctrica, seguros e aqueles que directamente sexan precisos para a organización das festas.
"Entre os obxectivos fixados pola nosa alcaldesa, Inés Rey, para a área de cultura e festas está o fortalecemento das celebracións dos barrios, que xeran comunidade e contribúen a diversificar a oferta de ocio durante todo o ano", indicou Gonzalo Castro. Ademais, e fóra das subvencións que finalmente se asignen a cada entidade, o IMCE e o Concello daranlles asesoramento a todas as entidades para axudarlles a completar o proceso. Tamén se cederán gratuitamente aseos químicos, valados, tarimas, mesas e cadeiras sempre que exista dispoñibilidade.
As propostas presentadas poderán obter unha valoración máxima de 100 puntos, dos que 70 lle corresponden á calidade dos proxectos presentados. Na pasada edición todas aquelas entidades que cumprían coas bases accederon ás axudas municipais. "O que queremos é que quen organiza festas tradicionais ou de arraigo, en todos os barrios, conte con medios suficientes para lle poder ofrecer contidos de calidade á veciñanza e ás persoas visitantes", indicou o edil.

6 de febreiro de 2026

5 de febreiro de 2026

4 de febreiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible