Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2022

Máis de 1.000 persoas participarán este sábado na Gladiator Race do parque de Bens

A proba de obstáculos contará o domingo cunha versión para nenos e nenas chamada Gladiator Kids

O vindeiro sábado 3 de setembro o parque de Bens recibirá aos máis de 1.000 participantes da Gladiator Race. O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, organiza xunto á empresa Noko Sports esta popular proba de obstáculos, na que participarán atletas de Asturias, Madrid, Cataluña, Castela e León, Portugal e diversos puntos de Galicia.

A carreira foi presentada esta mañá no propio parque de Bens pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez. Estivo acompañada de Serafín Martínez, de Noko Sports, e representantes de Enki, Banco Mediolanum e Caeiro.

A Gladiator Race, que celebra a súa segunda proba da tempada este sábado a partir das 16.25 horas, aterra na cidade herculina co obxectivo de crear unha xornada única chea de deporte, diversión e un desafío de máis de 6 quilómetros de percorrido con máis de 25 obstáculos de auga, forza, equilibrio ou coordinación. A esta carreira sumaráselle o domingo 4 de setembro a partir das 11.00 horas a Gladiador Kids, un formato de proba deseñada exclusivamente para os máis pequenos e pequenas.

A Gladiator Race e a Gladiator Kids terán tamén carácter solidario. A través da iniciativa Mediolanun Aproxima, doarase un euro de cada persoa rexistrada ao proxecto ENKI da Fundación Abrente para apoiarlles no seu labor de conseguir a inclusión das persoas con diversidade funcional, con especial atención aos menores, a través da práctica da cultura física e deportiva non competitiva, así como habilitar unha fileira 0 para facer calquera tipo de doazón a maiores. 

En caso de que se consigan acadar máis de 2.000 euros, a delegación da Fundación Mediolanum comprometeuse a dobrar a cantidade final ata un máximo de 5.000 euros. Para máis información pódese entrar na páxina web oficial www.gladiatorraceoficial.es.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión