21 de maio de 2023
Álvaro Presedo e Nati García repiten victoria neste circuíto de carreiras populares Coruña Corre
Hoxe celebrouse a X Carreira Popular dos Rosales, terceira cita da décima edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. O triunfo na categoría absoluta volveu a ser, dúas semanas despois das súas vitorias en San Pedro de Visma, para Álvaro Presedo e Nati García.
A proba absoluta comezou ás 10.00 horas na rúa Manuel Azaña, xunto á praza Elíptica. O percorrido pasou pola propia praza e Manuel Azaña ata Labañou, onde as persoas participantes foron cara ao paseo marítimo en dirección ao Portiño. A segunda parte do circuíto transcorreu en dirección á estrada Fontes do Monte de San Pedro e volverá a Manuel Azaña dende a rúa Castelao.
Entre todas as categorías a participación superou as 1.100 persoas. O podio masculino estivo formado por Álvaro Presedo, Abdelaziz Fatihi e Rubén Liñares e o mellor tempo foi 20 minutos e 59 segundos. Por outra banda, as tres primeiras clasificadas femininas foron Nati García, Mélanie Mariño e Inés Papín, sendo a mellor marca de 24 minutos e 55 segundos.
Ao longo da mañá disputáronse as diferentes probas de categorías inferiores na contorna da praza Elíptica do barrio dos Rosales. Con esta proba son xa tres as disputadas no circuíto Coruña Corre tras a da Torre de Hércules e a de San Pedro de Visma.
Próximas datas do circuíto Coruña Corre
VII Carreira Popular Matogrande: 25 de xuño
XI Carreira Popular Volta a Oza: 10 de setembro
VIII Carreira Popular Ventorrillo: 22 de outubro
XI Carreira Popular Novo Mesoiro: 26 de novembro
7 de maio de 2023
1 de maio de 2023
6 de abril de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible