15 de decembro de 2025
A alcaldesa, Inés Rey, presentou o evento, cuxa temática esta ano está inspirada no eclipse total de sol que se poderá ver en agosto do 2026
A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá a Cabalgata de Reis 2026, tras a celebración da última reunión de organización do evento que contou coa presenza de persoas responsables das áreas de Cultura, Infraestruturas, Mobilidade e Seguridade Cidadá.
"A Cabalgata de Reis constitúe un dos eventos sociais máis multitudinarios do ano e desde o Goberno municipal traballamos para que sexa un éxito de organización e asistencia, coidando cada detalle e buscando incorporar novidades cada ano", sinalou a alcaldesa. Este ano, a temática que inspirará a cabalgata será o eclipse total que se producirá o 12 de agosto de 2026. Dito evento astronómico non se produce na Península Ibérica desde hai máis dun século e A Coruña será un dos primeiros lugares de España onde se poderá ver. Haberá motivos que representarán planetas, constelacións, cometas e unha eclipse como símbolo central da cabalgata.
A comitiva estará formada polas tres carrozas dos Reis Magos, outras tres municipais e sete de entidades colaboradoras, un total de 13. Irán acompañando ás carrozas seis trens, un deles solidario. Este ano ademais da tradicional carroza dos bombeiros, incorporarse un tren da policía local. A cabalgata estará amenizada por un total de 16 compañías artísticas con 170 persoas.
Para todo este despregue contarase con 500 figurantes, con arredor de 100 monitoras e monitores que velarán pola atención e o coidado dos participantes. Tamén haberá 45 auxiliares de acompañamento e 20 integrantes da comitiva real. Esta celebración contará cun dispositivo de seguridade especial que estará formado máis de 200 profesionais de seguridade, incluíndo a Policía Local, a Protección Civil e a servizos sanitarios. En total, máis de 1.200 persoas participarán na cabalgata e serán repartidos 7,5 toneladas de caramelos brandos.
Saída desde Revolución Francesa, en Vioño
O punto de partida da Cabalgata de Reis será a rúa Revolución Francesa, en Vioño, co obxectivo de seguir achegando este acontecemento tan especial aos diferentes barrios da cidade. Está previsto que comece ás 17.30 e a súa chegada a María Pita sexa pasadas as 20.00 horas.
O percorrido continuará pola rúa Igualdade, rolda de Outeiro, Alcalde Pérez Ardá, Avenida Santiago Rey Fernández-Latorre, Catro Camiños, Costa da Palloza, avenida Primo de Rivera, Linares Rivas, Cantón Grande, avenida da Marina, avenida de Montoto, Porta Real, María Barbeito y finalizará na praza de María Pita. O percorrido é de aproximadamente 4,4 quilómetros.
Haberá, como cada ano, puntos accesibles, situados en Pérez Ardá, diante de El Corte Inglés, e diante da Autoridade Portuaria. Tamén teremos puntos sen ruído, un na rolda de Outeiro, á altura do hotel Avenida, e outro no Teatro Colón. Por outra banda, debido ás obras de reurbanización dos Cantóns, non estará permitida a presenza de público entre o cruzamento de Entrexardíns e o Teatro Colón, co obxectivo de garantir a seguridade e o paso de toda a comitiva.

14 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible