Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2023

Máis de 2.000 persoas celebran a Festa da Primavera no Parque de Santa Margarita

Os Viqueiras animaron a festa antes do xantar popular, ao que lle seguirán as actuacións de Los Brincos, Amizades e Son d’Aqui

Máis de 2.000 persoas se achegaron ao Parque de Santa Margarita para celebrar a Festa da Primavera, organizada polo Concello da Coruña durante este sábado 1 de abril.

O grupo tradicional Os Viqueiras animaron a festa antes do xantar, ao que lle seguirán as actuacións de Son d'aquí ás 16.00 horas e Amizades, ás 17.45 horas.  A Festa de Primavera remarará coa actuación de Los Brincos, ás 19.30 horas, poñendo fin á primeira romaría.

No xantar as persoas asistentes podían levar a súa propia comida ou mercar un menú composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, pan, bebida e café de pota polo prezo de 15 euros. Ademais, durante toda a xornada haberá filloas da Filloeira de Lestedo de balde.  A alcaldesa, Inés Rey, celebrou a alta participación e destacou a importancia de celebrar eventos para fomentar a convivencia entre persoas de todas as idades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión