Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2023

Máis de 2.000 persoas participaron nos 11 programas de voluntariado da Biblioteca Municipal do Ágora

Celebrarán unha festa de fin de curso para as persoas voluntarias e usuarias do programa o vindeiro 15 de xuño, ás 11.00 horas no Centro Ágora, coa actuación de ‘Las Antonias’

O Centro Ágora acollerá o vindeiro 15 de xuño ás 11.00 horas a Festa de Fin de Curso do programa municipal de voluntariado da Biblioteca do centro, que contará coa actuación do grupo 'Las Antonias'. A festa será pechada ás persoas voluntarias e usuarias dos programas de voluntariado.

Neste curso 2022-2023 desenvolvéronse un total de 11 programas de voluntariado, nos que colaboraron 29 persoas voluntarias e catro entidades da contorna dando servizo a 2.462 persoas.

Os programas de voluntariado da Biblioteca do Ágora tiñan como obxectivo mellorar a relación e o acompañamento entre as persoas mediante a lectura, mellorar as competencias en lectura e escrita así como axudar ao acceso á información e ao lecer de calidade.

Contemplan diversas actividades como 'Préstamo no fogar', coa intención de facilitar que persoas con problemas de mobilidade poidan solicitar e recibir nas súas casas libros, discos e películas das bibliotecas, 'Coa lingua de fóra', ofrecendo a posibilidade de practicar conversa en francés dinamizada por unha persoa nativa, 'Alfabetización de adultos', pensado para persoas maiores que tiveron un nivel baixo de escolarización ou o 'Club de Lectura en voz alta', destinado a mellorar as competencias de lectura de persoas maiores, mellorando a relación entre elas e aumentando a súa autoestima.

Leváronse a cabo tamén programas con entidades colaboradoras. De forma semanal realizábase unha hora de lectura en colaboración co Centro de Día Boandanza, orientada a persoas maiores e con deterioro cognitivo, de forma quincenal co Fogar de Sor Eusebia, orientada a persoas sen fogar e, mensualmente, co Fogar de Santa Lucía, entidade que acolle a mulleres sen fogar.

Estas citas completábanse co programa 'Ti a Ti', con lecturas individualizadas entre unha persoa voluntaria e unha persoa pertencente aos centros de acollida mencionados. Ademais, en colaboración co IES Agra I, tamén se realizou un programa de voluntariado de inglés orientado ao alumnado procedente de colectivos vulnerables que precisaran un reforzo na asignatura.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión