Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2026

‘Mamma mia’ pechará a súa xira na Coruña con funcións do 16 ao 26 de xullo

Verónica Ronda, protagonista do musical, estivo este martes no Palacio da Ópera

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, acompañou esta mañá á actriz e cantante Verónica Ronda, intérprete de Donna no musical 'Mamma mia', na súa visita ao Palacio da Ópera, espazo no que se representará dito espectáculo entre o 16 e o 26 de xullo, pechando a súa xira na Coruña. No acto tamén participou Belén do Campo, delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña. Serán un total de oito función con máis de 25.000 entradas á venda.

"Desde o Goberno de Inés Rey seguimos a desenvolver unha estratexia de captación de eventos culturais de primeiro nivel, que sitúan sen ningún xénero de dúbidas á nosa cidade como referente en todo o Estado", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Esta nova versión de 'Mamma mia!', o musical que recolle as mellores cancións de ABBA, conta cunha espectacular escenografía, vestiario e coreografías orixinais, sumados a letras e arranxos musicais renovados.

Castro destacou a importancia turística da celebración deste musical na cidade como parte da estratexia do Goberno de Inés Rey de captación de grandes eventos que repercutan nas pernoctacións, hostalería e comercio durante a tempada alta. Castro tamén destacou que A Coruña aspira a superar o 1.015.000 pernoctacións do pasado ano, dato que supuxo un 13% máis con respecto ao exercicio anterior.

Sobre o escenario estarán Donna, Tania, Rossie, Sophie, Sky, os tres posibles pais e os 27 integrantes da historia orixinal do musicais máis visto e popular da historia. Neste caso, esta nova versión leva tres temporadas no teatro Rialto da Gran Vía de Madrid, onde vendeu máis de 800.000 entradas. As entradas para as diferentes sesións continúan á venda en Ataquilla. Este musical conta coa colaboración do Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo.

25 anos despois da súa estrea en Londres, 'Mamma mia!' segue sendo un dos fenómenos teatrais máis grandes que se viron. 'Mamma mia!' foi traducido a máis de 15 idiomas e aplaudido por máis de 70 millóns de espectadores en todo o mundo. Foi ademais levado ao cinema, converténdose nunha das películas máis taquilleras de todos os tempos. En España o éxito do musical tamén foi rotundo desde a súa estrea en 2004, cuxa primeira produción foi vista por máis de 2 millóns de espectadores durante as máis de 2.000 representacións que levaron a cabo. Tras 20 anos triunfando nos seus 3 distintas producións, 'Mamma mia!' converteuse no musical de maior percorrido na historia de España.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión