Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2017

Medio Ambiente acomete a última fase do proxecto de restauración ambiental do estanque de Eirís coa colocación dun valado de madeira "que unificará o conxunto natural"

A obra, que se iniciará con carácter inmediato, e que terá un custo de 36.000 euros, iniciarase logo doutras actuacións no espazo, como a eliminación de especies invasoras, a mellora da corrente de auga e a recuperación de especies vexetais de carácter acuático. “O obxectivo desta acción, que se reproducirá noutras partes da cidade, é crear zonas de contacto coa natureza dentro do propio espazo urbano”, indica a concelleira

A Concellería de Medio Ambiente abordará, con carácter inmediato, unha nova fase de actuacións no entorno do estanque de Eirís co que se completará o proxecto abordado nesta zona e que pretendía levar a cabo unha restauración ambiental completa deste enclave, de cara a convertelo nun pequeno humidal urbano, conformando, a súa vez, unha zona de contacto coa natureza dentro do propio espazo urbano. "A nosa intención é reproducir en máis lugares da cidade estas zonas de encontro entre natureza e cidadanía, tendo a auga un especial protagonismo", comentou a titular deste departamento do Goberno, María García. Esta última fase comprende un novo valado de madeira que unifique o conxunto natural do estanque e que estará acompañado, ademais, da colocación de paneis informativos, nos que se dea conta da presenza de aves e outros animais que viven neste espazo. Esta última actuación no estanque ten un orzamento aproximado de 36.000 euros, e prevese que as obras comecen "de inmediato".

A responsable municipal recordou que as actuacións que se levaron a cabo estaban enfocadas á recuperación deste espazo, así como a correcta naturalización do estanque. "Fomos capaces de transformalo nun verdadeiro humidal urbano a través da colocación de tres dispositivos de bombeo submerxidos que facilitan a circulación da auga, permitindo que o espazo poida ser naturalizado, cousa que ademais solucionou históricos problemas de sucidade neste espazo, no que non se abordaron traballos dende o ano 2003", dixo García, que tamén destacou os traballos de eliminación de especies invasoras e de plantación e recuperación de árbores autóctonas e especies vexetais acuáticas. "Pasamos de ter unha cubeta de auga estancada a ter un humidal naturalizado dentro da cidade. As administracións temos un deber ético de coidar e conservar a biodiversidade, de acordo cos compromisos internacionais nesta materia", sinala a responsable de Medio Ambiente, quen alude tamén á responsabilidade de loitar contra o cambio climático desde a escala local, "que ten un dos seus efectos máis claros na perda da biodiversidade".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión