Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2025

Melendi e Raphael súmanse á axenda musical do Coliseum para 2026

Ambos artistas actuarán no mes de novembro e as entradas sairán á venda este mércores 17

Melendi e Raphael súmanse á extensa axenda musical do Coliseum para o vindeiro 2026, confirmando que o recinto multiusos coruñés é o referente do noroeste na celebración de grandes eventos musicais sobre cuberta. "Ser potencia cultural e musical de Galicia e unha das máis importantes capitais musicais do país é consecuencia das políticas de promoción de grandes eventos que impulsamos desde 2019 no Goberno de Inés Rey", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Nesta ocasión, Melendi chegará ao Coliseum o 14 de novembro, nunha das primeiras paradas da cita 'Pop Rock Tour'. As entradas sairán este mércores 17 de decembro ás 10.00 en prevenda e ás 12.00 horas a venda xeral. As canles de compra serán o despacho de billetes da praza de Ourense, Melendioficial.com e Ataquilla. Pola súa banda, Raphael actuará o 21 de novembro como parte da súa xira 'Raphaelísimo'. As entradas sairán á venda este mércores 17 ás 12.00 horas.

Deste xeito, os concertos de Melendi e Raphael súmanse á programación musical do Coliseum para o vindeiro 2026, sendo a decimo sexta e décimo sétima formación confirmada. O resto das citas programadas son: Eladio Carrión (29 de xaneiro), Amaia (31 de xaneiro), Mikel Izal (7 de febreiro), Amaral (21 de febreiro), Celtas Cortos (11 de abril), Hijos de la Ruina (17 de abril), OT (19 de abril), Viva Suecia (18 de abril), Dani Fernández (2 de maio), Iván Ferreiro (9 de maio), Dani Martín (15 e 16 de maio), Bad Gyal (23 de maio), Pablo Alborán (4 de xullo), Aitana (22 de xullo) e La Oreja de Van Gogh (11 e 12 de setembro).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión