Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de agosto de 2020

Mobilidade instala unha parada para buses escolares na contorna do novo centro escolar de Novo Mesoiro

Con esta zona reservada ao estacionamento dos autocares, está garantida a accesibilidade e a seguridade das e dos nenos que estrearán colexio este ano

Logo de que o Concello traballara nas semanas anteriores na habilitación dunha zona en Novo Mesoiro reservada aos autocares escolares, así como a dun novo paso peonil, a adecuación do barrio para a posta en marcha do novo centro escolar remata estes días cunha parada en que estacionarán os buses próxima ás instalacións, de xeito que a accesibilidade e a seguridade das/os usuarias/os e as/os titoras/es, que levarán a rapazada a clase, estará garantida.

Esta actuación súmase a un plan de mellora das paradas de bus urbano, que Mobilidade realizou este verán en Novo Mesoiro, en que se ampliaron beirarrúas na zona do andén até a liña da calzada nos oito puntos de recollida polos que pasa o 21. Deste xeito, a concellería respondeu a unha demanda das persoas representantes da asociación vaciñal, que lles reclamaron unha mellora do transporte público no barrio.

Por outra parte, Mobilidade continúa traballando na mellora da accesibilidade das paradas de autobús urbano no resto da cidade coa posta a punto da que dá cobertura nos Castros, en concreto, na Pasaxe, á altura do número 15.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión