Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2016

Na meta espérate a medalla finisher!

A edición de 2016 de Coruña42 presenta a nova medalla "finisher", un lingote dourado que certificará o paso polo Maratón Atlántica de todas e todos os corredores que crucen a liña de meta.

Así é a medalla do V Maratón Atlántica C42 para todas aquelas persoas sexan capaces de completar a proba. A medalla de “finisher” desta edición mantén o seu deseño orixinal e vangardista con forma rectangular e a súa tradicional cor dourada, que inclúe unha nova versión do faro romano máis antigo do mund e símbolo da nosa cidade, a Torre de Hércules, e unha cinta negra cos logos institucionais gravados en dourado. Un estímulo máis para quen complete os 42.195 metros de #Coruña42.

A experiencia de completar un maratón e colgarse a medalla que o acredita é unha sensación única e inesquecible, é a culminación dun soño cumprido e do traballo de moitos adestramentos. Todas aquelas persoas que completen os 42.195 metros de Coruña42 o domingo 17 de abril e crucen a meta antes do peche da proba (5 horas, 30 minutos) despois da saída, que se dará ás 8:30 da mañá, recibirán o  metal.

O mesmo domingo, en canto recibas a túa medalla, poderás gravala co teu nome e a túa marca de forma gratuíta na mesma praza de María Pita para deixar constancia do teu triunfo, porque… Quen dixo medo?

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión