Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de abril de 2024

Nereida Canosa destaca o papel da tecnoloxía como ferramenta para a planificación e xestión da mobilidade

A concelleira abriu a xornada ‘SMART DISTRIBUTION: Infraestruturas, estándares e ferramentas para a colaboración na distribución urbana de mercancías’ organizada polo Clúster de Función Loxística de Galicia

A concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, abriu esta mañá a xornada 'SMART DISTRIBUTION: Infraestruturas, estándares e ferramentas para a colaboración na distribución urbana de mercancías' sobre distribución urbana de mercadorías, organizada polo Clúster de Función Loxística de Galicia. Na apertura institucional tamén interviron Adolfo Díaz, secretario do Clúster da función loxística de Galicia; Ramón García, director xeral de CITET e Analía López, directora División UAS do Centro Tecnolóxico ITG. 

Canosa destacou o papel da tecnoloxía como ferramenta para a planificación e xestión da distribución urbana de mercadorías, situando o Centro Integral de Mobilidade (CiMob) como exemplo dos avances en mobilidade. A concelleira sinalou que A Coruña é a única cidade de Galicia que dispón dunha ZBE xa en vixencia. "Fixémolo apostando pola innovación tecnolóxica, renovando o CiMob e aplicando novos sistemas como as cámaras de carga e descarga" explicou. Lembrou que esta medida era demandada por transportistas, operadores loxísticos e comerciantes para o correcto desenvolvemento das súas tarefas.

O Concello colabora co Clúster no proxecto PREModel DUM, achegando datos para a análise e modelado do tráfico urbano. "As empresas e as cidades temos que adaptarnos aos novos modelos de distribución de mercancías, facendo uso dos datos recollidos que nos permitirán unha mellor planificación" concluíu.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión