Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de marzo de 2026

Novo Mesoiro estrea un moderno espazo de ocio urbano con equipamentos para practicar deporte ao aire libre

Cun investimento de máis de 230.000 €, o Concello completa unha das zonas lúdicas máis amplas e modernas da cidade, nun dos barrios con máis familias novas

O Concello abriu á veciñanza o novo espazo de ocio urbano ao aire libre que comezou a habilitarse a finais deste verán nunha área axardinada en desuso tras os bloques de vivendas da rúa Ribeira Sacra e o rego de Moitos. O proxecto desenvolveuse sobre unha extensión de máis de 1.500 metros cadrados, e inclúe espazos individuais para a práctica deportiva de calistenia, break e bailes urbanos, baloncesto, tenis de mesa, xadrez e tamén un pequeno rocódromo.

No parque hai espazos delimitados para cada disciplina, mais todos eles están interconectados con percorridos accesibles e, no caso da área para break, cunha cuberta protectora en forma de xeoda, óptima para desenvolver actividades ante condicións meteorolóxicas adversas.

Esta área de ocio xuvenil era unha das demandas trasladadas pola veciñanza do barrio, que é unha das zonas da cidade coa idade media máis baixa e con máis presenza de familias novas. "O proxecto é moderno, é amplo e mellorará substancialmente o acceso ao ocio ao aire libre para os rapaces e rapazas do barrio. O compromiso do Goberno de Inés Rey é levar as melloras a todos os barrios. E nesa tarefa estamos a cumprir, agora cunha das zonas de xogo mellor equipadas da cidade", subliñou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz. 

O investimento do Concello neste proxecto foi de máis de 230.000 euros, e a actuación está enmarcada no paquete de medidas de Inés Rey para abordar melloras estruturais en todos os barrios incorporando as demandas expresadas pola veciñanza e as súas asociacións. As áreas verdes situadas na contorna aínda seguirán valadas uns días ata que o novo céspede arraigue.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión