7 de setembro de 2021
O proxecto Coruña Suma, promovido polo Concello da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, pretende mellorar a inserción laboral das persoas en desemprego a través da capacitación profesional nos sectores con máis posibilidades de xerar postos de traballo.
Durante o mes de setembro iniciaranse sete novos itinerarios formativos con prácticas en empresas, nos que se formarán máis de 100 persoas, nas seguintes especialidades:
A través do proxecto Coruña Suma, o Servizo Municipal de Emprego conseguiu que máis de 450 persoas desempregadas accedesen a un posto de traballo, delas 250 foron mulleres.
A partir do mes de outubro abriranse novas especialidades profesionais vinculadas á hostalería, actividades de lecer e tempo libre educativo infantil e xuvenil, programación en Java e outros da rama administrativa e sociosanitaria.
Se che interesa recibir información sobre este proxecto, ponte en contacto co Centro Municipal de Emprego dos Rosales chamando ao 981 184 399 ou manda un correo electrónico a coruna.suma@coruna.gal co teu nome e o teu número de teléfono e contactaremos contigo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible