26 de outubro de 2025
O circuíto Coruña Corre pechará a súa edición deste ano o 23 de novembro en Novo Mesoiro
Nuno Mour e Alba Raso gañaron a Carreira Popular do Ventorrillo, penúltima proba neste ano do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Máis de 1.200 persoas participaron nesta carreira nas súas distintas categorías.
"Celebramos que tantas persoas se acheguen cada domingo as carreiras populares que organizamos, froito do interese da cidadanía por hábitos de vida máis saudables", indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes, que participou na entrega de premios. Ademais de Nuno Moure, na categoría masculina subiron ao podio Abdelaziz Fatihi como segundo clasificado e Daniel Fuentescomo terceiro. Na proba feminina, tras Alba Raso chegaron á meta Noa Mirantes como segunda e Inés Papín como terceira.
A proba absoluta contou con algo máis de 5 quilómetros de percorrido, con saída desde a rúa Alcalde Salorio Suárez, alternando treitos de asfalto e outros de pistas de terra polos barrios do Ventorrillo e A Silva. Tras esta proba só queda a derradeira carreira de Coruña Corre, que se disputará o domingo 23 de novembro en Novo Mesoiro. As inscricións abriranse nos vindeiros días.

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible