24 de setembro de 2023
Ofreceranse tres obradoiros: sobre IA aplicada á promoción cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural, e outro sobre creatividade e innovación. O prazo de inscrición abrirá o sábado 30 de setembro
O Centro Sociocultural Ágora acollerá o sábado 7 de outubro o 'Mobile Culture', unha xornada interactiva sobre arte, cultura e novas tecnoloxías dirixida ás e aos profesionais do tecido cultural da cidade e, en xeral, á cidadanía interesada no programa do evento, orientado á innovación dixital en termos culturais e artísticos.
O 'Mobile Culture', unha iniciativa formativa cofinanciada a través do programa europeo Erasmus+, terá lugar na Aula 9 do Ágora en horario de mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Durante a xornada, as persoas asistentes terán a oportunidade de asistir a obradoiros formativos sobre IA aplicada á promoción cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural e outro sobre creatividade e innovación.
Cada persoa poderá inscribirse nun dos tres obradoiros previstos, formalizando a súa solicitude a través da páxina web das Bibliotecas Municipais. A pasarela en liña para reservar praza nos talleres habilitarase a partir das 10.00 horas do sábado 30 de setembro, e o prazo pecharase ás 10.00 horas do venres 6 de outubro.
O cronograma do programa da xornada é o seguinte:
O evento 'Mobile Culture', que tamén se formula como unha oportunidade para interconectar a traballadoras e traballadores pertencentes ao tecido cultural local, reforza o abano de propostas formativas que está a impulsar o Goberno de Inés Rey en materia cultural e tecnolóxica, creando sinerxías de interese con perspectivas de futuro.
26 de xuño de 2024
21 de xuño de 2024
20 de xuño de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible