6 de decembro de 2016
No acto de prendido, que tivo lugar na Praza de María Pita, Ferreiro estivo acompañado, ademais de por concelleiros e concelleiras, polas xogadoras do Hóckey Club Liceo, que este ano veñen de ascender á categoría de honra estatal
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu esta tarde o acto de acendido do alumeado de Nadal. O evento, que tivo lugar na Praza de María Pita, contou, ademais de coa presenza da veciñanza, así como de concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, coa colaboración das xogadoras do Hóckey Club Liceo, que veñen de ascender á máxima categoría da competición estatal, e que foron as encargadas de premer o botón de prendido. O rexedor destacou que a posta en funcionamento da iluminación da Nadal, que se manterá até o final das festividades, é reflexo de que "este Concello respecta ás tradicións, pero ligadas e complementadas coa modernidade e á innovación". Por iso, todos os adornos navideños nesta ocasión contan con tecnoloxía LED de alta eficiencia, o que se traduce nun considerable aforro eléctrico. "Este alumeado debe ser sinónimo non só de festa, senón tamén de respecto polo Medio Ambiente", comentou o alcalde, nunha xornada na que tamén se puxeron en funcionamento as actividades destinadas aos e ás máis pequenas que terán lugar na Praza de María Pita durante o Nadal.
"Para que as luces escintilen, fai falla que antes haxa algo de oscuridade. Esta cidade ten aínda moito que mellorar, pero debemos gabarnos da nosa veciñanza. Unha cidadanía que igual que as mozas do Hóckey Club Liceo é valente e comprometida, como podemos ver por exemplo en como se vén de volcar coa campaña contra as violencias machistas Coruña en Negro", dixo o mandatario local. "Esta é unha Coruña Solidaria, como dá exemplo o decidido apoio a calquera iniciativa de axuda aos e ás veciñas en risco de vulnerabilidade, ou a todas aquelas persoas que se vén obrigadas a migrar dos seus fogares. Hoxe, o día que acendemos as luces de Nadal, é tamén tempo de recoñecer e agradecer a toda a cidadanía da Coruña que sexa como é, e que, ao igual que estas luces, poida iluminar no medio da escuridade", salientou.
Iluminación
Ademais de na Praza e na fachada de María Pita, a iluminación de Nadal situarase polos barrios da cidade a través de 107 puntos, entre rúas, avenidas e prazas, co obxectivo que esta ornamentación tamén sirva como punto de encontro para veciñanza. Tamén se distribuirán, á proposta das asociacións comerciais das Conchiñas, Falperra, Mallos, Monte Alto, Picasso, Riazor, Sagrada Familia, Orzán e Acocem, 100 arcos que alumearán os principais distritos comerciais da Coruña.
Ademais, e durante as festividades, a Praza de María Pita tamén contará con actividades lúdicas destinadas para os e as máis pequenas, así como atraccións. Nos establecementos repartiranse máis de 100.000 'rasca e gaña' para acceder ás mesmas, así como aos obradoiros que se celebrarán durante o Nadal, tamén na praza. Durante este período tamén contará cun Mercadiño con tres postos de venda ambulante --garrapiñada, outro de algodón de azúcar e mazás caramelizadas, e de flocos de millo--, e as casetas de Papa Noel e da proposta solidaria A Casa dos Xoguetes, impulsada pola Oficina de Información ás persoas Consumidoras, OMIC. Até o próximo 3 de xaneiro, todas as persoas que se acheguen poderán tanto depostivar como levar os xoguetes que máis lles gusten cun sorriso como moeda de cambio. O horario desta caseta será, de luns a venres, de 17 .00 a 20.00 horas, os sábados e domingos, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, agás nas fins de semana de Nadal e Aninovo --o día 24, será de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, ao igual que do día 31 de decembro, mentres que os días 25 e o 1 de xanerio será de 17.00 a 20.00 horas--. Ademais, desde o día 26 ata o 31 de decembro, organizaranse talleres para nenas e nenos na casa de Papá Noel, con tres sesións distintas a diario --unha pola mañá, entre as 12.30 e as 14.00 horas, e dúas pola tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas--, e ofrecenranse actuacións dirixidas ao público infantil todos os días, do 22 ao 31 do decembro --de 17 a 20.00 horas--, no escenario instalado na mesma praza haberá unha actuación diaria no escenario instalado na praza.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible