8 de novembro de 2017
A proposta, que será trasladada esta semana á Xunta de goberno local, contempla accións como a renovación da práctica totalidade dos firmes do barrio dos Rosales, a reurbanización da rúa Casares Quiroga ou a mellora dun novo tramo da rolda de Outeiro
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, avanzou este xoves un "ambicioso paquete de investimentos", por importe de máis de 9 millóns de euros, que o goberno local prevé levar este venres á Xunta de goberno local, e que supón "un avance ao Orzamentos municipais do vindeiro ano quen servirá para realizar melloras na cidade". Trátase, segundo explicou durante unha entrevista en Radio Coruña-Cadena Ser, de fondos extraordinarios que se suman aos investimentos recollidos nos Presupostos deste exercicio, e que se destinarán a toda unha serie de accións, como son a mellora do espazo e o alumeado público, aínda que tamén se investirá en incrementar a capacidade de reciclaxe da planta de Nostián, entre outros proxectos. "A Lei permite aos Concellos que, como ocorre no noso caso, están saneados economicamente e teñen unhas ratios de endebedamento boas, utilizar remanente que sobrou do Orzamento ano pasado para novos investimentos, sempre que se cumpran certos criterios e que estes sexan sostibles, e isto é o que imos facer, dedicar eses nove millóns de euros de 2016 a obras que se executarán, integramente, no ano que vén", expuxo o alcalde, que valorou "o clima de cooperación co grupo socialista, que creo que nos vai permitir sacar adiante estes investimentos para a cidade".
O plan inclúe proxectos "moi importantes", como unha mellora da eficiencia enerxética e alumeado en distintos barrios da cidade, cun montante de 3,6 millóns de euros, a renovación case integral do firme das rúas do barrio dos Rosales -por importe de 1,15 millóns de euros-, a reurbanización de rúas como Casares Quiroga -por 526.000 euros- ou a última fase das obras de rehabilitación da rolda de Outeiro -240.892 euros-, obras que, segundo apuntou, comezan o vindeiro luns no tramo entre a avenida de Fisterra e a Avenida de Arteixo. En concreto, desde a vindeira semana o Concello comezará a acometer o primeiro tramo destas obras de rehabilitación de firmes e mellora da rúa, e xa ten licitadas as correspondentes ao tramo entre a avenida do Ferrocarril a rúa da Mercede, de xeito que estes novos investimentos permitirán actuar no tramo do medio, entre a avenida de Arteixo e a do Ferrocarril.
Os novos investimentos servirán tamén, segundo adiantou o rexedor, para optimizar a planta de Nostián -mediante un investimento de 2,1 millóns de euros-, na que se incorporarán novos equipos para incrementar a eficiencia da separación dos elementos valorizables dos residuos, o que supón, por unha banda, unha mellora na recuperación de residuos e, tamén, máis ingresos para a cidade e para o Concello pola recuperación de envases, a través do convenio da Xunta con Ecoembes, ademais dunha redución dos custos enerxéticos, grazas á eficiencia da nova maquinaria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible