Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de agosto de 2017

O alcalde avoga desde Barcelona por “apoiar sen fisuras unha cidade que quere seguir sendo un lugar dinámico, acolledor, diverso e sen medo, pese ao revés que vén de sufrir”

Ferreiro participa este sábado nos actos convocados polo Concello de Barcelona e tomará parte, desde as 18.00 horas, na manifestación convocada baixo o lema ‘No tinc por’ tras os atentados das Ramblas e Cambrils, “e na que os e as representantes públicos estaremos no lugar que nos corresponde nese momento, que é detrás da cidadanía e cedendo o protagonismo á xente”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou hoxe na recepción celebrada no pazo municipal de Barcelona con representantes doutros concellos que esta tarde acompañan á alcaldesa desta cidade, Ada Colau, na manifestación convocada tras os ataques perpetrados a semana pasada nas Ramblas e Cambrils (Tarragona) en contra dos atentados e de calquera forma de violencia e a favor da paz. "Este é un momento de estar aquí apoiando, porque a dor desta cidade estes días é a dor de todos e de todas. Creo que o que necesita Barcelona é que esteamos apoiando sen fisuras unha cidade que vén de sufrir un revés do que non é doado recuperarse, pero que, ao mesmo tempo, quere seguir sendo esa cidade dinámica, acolledora, diversa, esa cidade sen medo que foi e que quere continuar sendo", manifestou o rexedor antes dos actos institucionais, no curso dos cales tamén asinou, como o resto de representantes, no Libro de Condolencias. Tal e como recordou Ferreiro, a propia tarde do atentado de Barcelona, púxose en contacto coa alcaldesa, "para poñernos a súa disposición para o que necesitase de nós, tanto da cidade e de min mesmo, como alcalde da Coruña".

O alcalde formará parte do bloque institucional municipal que participará na manifestación, convocada baixo o lema 'No tinc por' (Non teño medo), que atravesará a cidade a partir das seis da tarde desde a Diagonal ata a Plaça de Catalunya, e que estará encabezada pola cidadanía. Neste sentido, Ferreiro considerou este sábado que os e as representantes públicas ocuparán no acto "o lugar que nos corresponde neste momento, que é estar detrás da cidadanía e ceder o protagonismo ás xentes de Barcelona e a todas as persoas que veñan desde outras partes de Cataluña e de todo o Estado para apoiar a cidade de Barcelona".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión