Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2016

O alcalde avoga pola posta en valor da memoria e o patrimonio no Camiño Inglés como “axente potenciador dun turismo de calidade”

Xulio Ferreiro recibiu este luns no pazo de María Pita aos e ás participantes no I Encontro Internacional do Camiño Inglés, que se desenvolve durante esta semana na cidade, co obxectivo de avanzar nunha promoción sustentable desta ruta histórica

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recibiu este luns no pazo de María Pita, acompañado do concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, ás e os participantes no I Encontro Internacional do Camiño Inglés, representantes das distintas asociacións internacionais e persoal vinculado ao ámbito turístico que durante toda esta semana traballarán por poñer en valor esta ruta histórica e co obxectivo de facer unha promoción sustentable do Camiño. "O Camiño é a súa experiencia, e diso vindes falar estes días, da experiencia acumulada polas asociacións ás que representades para facer unha reflexión en común que permita a quen veña enriquecer, aínda máis, a súa viaxe", valorou o rexedor, quen subliñou a aposta do Goberno coruñés pola recuperación da memoria e a cultura como "elemento potenciador dun turismo de calidade". "A historia da nosa cidade e da súa xente é un patrimonio tan relevante como aquel que ten carácter material, e conservalo, poñelo en valor, actualizalo e seguilo enriquecendo é un dos obxectivos que motivan a este Goberno", quixo salientar. Neste sentido, Ferreiro puxo de relevo o carácter marítimo da cidade, "que foi durante séculos entrada e desembarco de peregrinos e peregrinas de todo o mundo para chegar ao seu destino en Santiago", e salientou ese vínculo co mar como "fonte de traballo, de actividade económica e do tempo de lecer da veciñanza da Coruña, tan apegado ao Atlántico, é tamén o cauce polo que chegan cada ano visitantes e turistas, unha vía que non podemos nin queremos desatender".

Na recepción participaron, xunto cos representantes municipais, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o deputado provincial de Economía e Facenda Antonio Leira e o presidente da Dutch Association of Saint James, Joost Bol, ademais da xerente de Turismo da Coruña, e nela estiveron presentes respresentantes dunha quincena de asociacións e entidades vinculadas co Camiño procedentes de todos os continentes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión