Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2015

O alcalde convida á Cámara de Comercio a traballar co Concello "para que a recuperación económica irradie ao conxunto da cidade"

Xulio Ferreiro apostou por manter a colaboración institucional durante a reunión que mantivo cos representantes da entidade coruñesa



O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo esta semana unha reunión con representantes da Cámara de Comercio, que serviu para confirmar a disposición do Concello para manter a colaboración coa institución coruñesa, tanto nos proxectos que xa están en marcha como en outros que poidan xurdir no futuro. O rexedor, neste sentido, salientou a importancia de traballar para que a posible recuperación económica á que parecen apuntar certos indicadores macroeconómicos “irradie ao conxunto da cidade”. “Temos que traballar nese sentido, para que os indicadores económicos acaben por reflectirse na vida da xente, e aí é onde as entidades que están representadas na Cámara de Comercio teñen un papel esencial: desde as grandes empresas ata os pequenos comercios”, considerou.

Durante o encontro, no que estiveron presentes o presidente da Cámara da Coruña, Marcelo Castro-Rial Schuler, a súa vicepresidenta, Carmen González-Rosón, o director xeral, Gonzalo Ortiz Amor, e os membros do Comité Executivo María Caeiro, Roberto Tojeiro, e Antonio Abril, entre outros, abordáronse cuestións como a promoción da economía da cidade e a súa contorna, a elección dos festivos ou a dinamización comercial dos barrios. Tamén, os representantes da Cámara puxeron a disposición do Goberno municipal o seu papel como organismo consultivo e apostaron por potenciar a relación entre a Universidade e a empresa.

Pola súa banda, o alcalde salientou o papel do ente cameral e apostou pola mutua colaboración. “Paréceme paradigmática, non só pola súa historia senón tamén polo que significa: é unha Cámara que, ao contrario do que pasou noutras cidades e do cambio legal que houbo, segue a ser unha institución moi forte e moi potente na cidade”, recoñeceu.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión