Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de novembro de 2015

O alcalde da Coruña analizará coa ministra de Fomento o proxecto do Goberno central para A Vedra, unha vez reciba a súa proposta

Xulio Ferreiro fai unha "lectura positiva" das palabras de Ana Pastor, que lle dixo que o plantexamento do Goberno central contemplará zonas verdes -como defende o Concello-, "aínda que só poderemos profundizar cando teñamos documentos"

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, indicou este martes que o Concello da Coruña atópase, nestes momentos, á espera de que o Ministerio de Fomento lle traslade información sobre o seu proxecto de actuación na Avenida da Vedra. Segundo explicou o rexedor, a preguntas dos xornalistas, a semana pasada, a titular deste departamento do Goberno central, Ana Pastor, manifestoulle --na súa visita a Madrid para participar na reunión do Comité Aeroportuario Galego--que o Executivo coruñés recibiría de seguido o seu plantexamento para a ampliación deste vial de acceso á cidade. “Mentres non teñamos iso non podemos valorar unha proposta que non temos tanxible. Pastor díxonos que esta semana recibiriamos o seu proxecto e que logo, ambos os dous falariamos sobre el”, comentou.


Non obstante, Ferreiro manifestou que parece existir vontade por parte de Fomento de atender ás reivindicacións do Concello coruñés, que presentou a súa propia proposta de “humanización” da avenida nunha reunión mantida xa no mes de setembro. “Creo que hai avances, nos fixemos esa proposta de humanización, que contempla espazos de zonas verdes que axudarán a tranformar esta zona nunha avenida urbana, nunha zona máis da cidade. A ministra díxome que habería avances nese sentido, e iso para nós é unha lectura positiva, aínda que teremos que profundizar nela cando teñamos documentos”, opinou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión